InicioPolíticaO alcalde de Foz augura para Altri "o mesmo que pasou con...

O alcalde de Foz augura para Altri “o mesmo que pasou con Pemex”

Fran Cajoto reivindica que a Xunta poña en marcha "dunha vez por todas" unha política industrial que, denuncia, "non existe por ningún lado".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, comparou o proxecto de fibras téxtiles da multinacional portuguesa Altri coas promesas incumpridas pola Xunta hai uns anos en relación co impacto que ía ter Pemex en Galicia. Cajoto critica que se descartase a localización da Mariña, mentres lamenta a ausencia de noticias sobre esta operación comprometida agora para o municipio de Palas de Rei.

Sostén que se falaba inicialmente da Mariña porque respondía a “un claro interese electoralista“. “Cando foi o punto álxido da crise de Alcoa saíu con isto, pero agora xa non interesa mediáticamente e politicamente e as cousas vanse esquecendo”. “É o mesmo que pasou con Pemex”, equiparou. “Era o que anunciabamos, cando primeiro se incumpriu a promesa de Feijoo de traer Altri para A Mariña e traizoou toda unha comarca cambiando de localización sen ningunha lóxica”, protestou.

O alcalde de Foz lembrou que “o novo presidente” da Xunta, Alfonso Rueda, “lle puxo deberes a Pedro Sánchez pedindo fondos europeos e cando recibe unha resposta positiva dá tres pasos para atrás”. “Agora a empresa non ten claro o investimento”, o que lle leva a queixarse de que “xa está ben de xogar coas expectativas e coas perspectivas de futuro da provincia e dunha comarca”.

Fran Cajoto reivindicou que a Xunta poña en marcha “dunha vez por todas” unha “política industrial que non existe por ningún lado”, sobre todo “unha política industrial que sirva para A Mariña”. “A Xunta elude esta responsabilidade e non temos ningunha perspectiva. O que pedimos é un plan ordenado, un plan de industrialización, un plan que cumpra obxectivos e o poidamos fiscalizar, porque o resto son promesas infundadas e cortinas de fume”, censurou.

O pasado mes de xullo, Altri anunciou a súa intención de atrasar a 2023 a súa decisión final acerca deste investimento previsto no municipio de Palas de Rei, que suporía a creación de entre 2.000 e 2.500 postos de traballo, segundo as súas previsións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...