Recollida de sinaturas en Foz por unha Atención Primaria de calidade

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia "agardas vergoñentas e persoal en mínimos".

Recollida de sinaturas en Foz por unha Atención Primaria de calidade / remitida

A Plataforma Sanitaria da Mariña desprazouse este martes ata o mercado de Foz para recoller sinaturas en defensa da Atención Primaria. O dispositivo colocouse na entrada do mercado de 11 a 13 horas e ata alí se achegaron numerosas persoas que asinaron a ILP de medidas urxentes para fortalecer e reforzar a Atención Primaria.

O colectivo sanitario tamén resolveu as dúbidas que veciñas e veciños formularon en relación á “catastrófica” situación que está a sufrir a Atención Primaria na Mariña. A Plataforma denuncia “agardas vergoñentas e persoal en mínimos”, ao non ser substituidos nos seus permisos nin baixas.

“Agrava a situación o feito de que non se está a contratar persoal sanitario para as persoas desprazadas nunha comarca que triplica a súa poboación nos meses de verán, o que carga esta actividade asistencial sobre os xa exhaustos profesionais sanitarios”, conclúe Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here