Xuventudes Socialistas denuncian o “secuestro camuflado” da Mariña pola falta de conexións

Recolleron firmas en Foz para unha ILP que busca mellorar os servizos de mobilidade no país.

Xuventudes Socialistas recollen firmas en Foz para unha ILP coa que mellorar as conexións interurbanas en Galicia / Xuventudes Socialistas de Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Foz a campaña “aBUSar nunca foi TRENdencia”, onde denuncian o desleixo dos principais servizos de mobilidade no país: o tren e o autobus.

A primeira fase da campaña consiste na recollida de firmas para unha ILP que busca “repercutir os beneficios extraordinarios da Xunta en impostos na mellora da conexión interurbana de bus no país”. Precísanse de 2500 e a día de hoxe levan máis de 350, obxectivo, din, “máis que superable dado o esgotamento da cidadanía de non poder viaxar libremente e con boas conexións polo país”.

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, denunciou que “impedir que a mocidade viaxe libremente pola comarca sen servizos de conexión interurbana non é un política de reto demográfico, é un secuestro camuflado“. O líder socialista falou de “demagoxia por parte de Feijóo ao intentar camuflar a súa falta de proxecto político co Falcon cando el en 12 anos privou de movemento a Mariña Lucense”.

Pola súa banda, Fran Cajoto, alcalde de Foz, sinalou que “non existe posibilidade de desprazamento a través do autobús, son os pais os que se xuntan a través de iniciativas particulares para cubrir este déficit”. Tamén estivo presente a deputada nacional Patricia Otero, quen lle lembrou á Xunta que “asuma o reto de bonificar un 20% con fondos propios os servizos de transporte de competencia autonómica como solicitamos o Grupo Parlamentario”.

Entre as medidas que se recollen na ILP destacan: extensión das bonificacións da Tarxeta Xente Xoven aos menores de 30 anos; compensacións por retrasos; garantía de conexión diaria do rural; e garantía de cumprimento dos pregos de contratación.

2 COMMENTS

  1. Unha ILP? JAJAJAJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJA
    Non se pode con tanta acción política. Bea Talegón deixou unha fonda impronta intelectual.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here