InicioCulturaPepe Otero presenta o seu último libro na Casa da Cultura de...

Pepe Otero presenta o seu último libro na Casa da Cultura de Foz

Os beneficios das vendas da publicación destinaranse ao banco de alimentos focego.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acollerá a presentación do último libro de Pepe OteroO mito da razón e outros relatos, o vindeiro martes, 6 de setembro, as 12:30 horas. Os beneficios das vendas da publicación destinaranse ao banco de alimentos focego.

O autor, moi recoñecido na Mariña e docente durante moitos anos no IES de Foz, realiza neste libro unha selección dos seus últimos artigos de opinión publicados en prensa. No acto intervirán o ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e o escritor Ramón Reimunde.

Os beneficios obtidos das vendas do libro destinaranse integramente ao banco de alimentos municipal de Foz. A alcaldesa en funcións, Inés López Couto, agradece “a xenerosidade de Pepe Otero cos veciños e veciñas de Foz. O departamento de Servizos Sociais utilizará os recursos para cubrir as necesidades máis acuciantes daqueles que pasan un mal momento vital”.

O acto contará coa colaboración das tres librerías do municipio (Bahía, Ofifoz e Rapadoira), que porán á venda o libro nos seus establecementos.

MÚSICA 

Así mesmo, a programación cultural do Concello de Foz inclúe a actuación da Rondalla Latexos este sábado, 3 de setembro, ás 20:30 horas na praza Conde de Fontao. Forma parte do XV Sons na Rúa, ciclo no que se programa ademais un concerto de Acordeóns da Mariña para o 10 de setembro, tamén na praza Conde de Fontao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...