O PP de Foz di que “Cajoto ten un caos montado coas licenzas municipais”

“Entre Tomé e Cajoto teñen parado o servizo de urbanismo”, sinalan os populares focegos.

Javier Castiñeiras, voceiro do PP de Foz / Twitter

O portavoz local do PP de Foz, Javier Castiñeira, sinala “a falta de dilixencia dos servizos municipais” como o de Urbanismo e acusan directamente ao alcalde, Fran Cajoto, de “ter montado un enredo coas licenzas municipais”. Por este motivo “o PP recibe queixas de moitísimos veciños”, asegura Castiñeira.

Segundo o voceiro local do PP “algúns solicitantes levan meses esperando pola licenza de obras” por culpa “deste equipo de goberno que é moi pouco executivo”. Ademais disto, o goberno municipal non aproveita “as sinerxías coa Deputación” e o seu servizo de Cooperación Local. Sobre este punto, Castiñeira responsabiliza ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, da falta de persoal para atender este departamento.

O PP de Foz tamén sinala a falta de dilixencia en Axuda no Fogar e co contrato da “depuración e saneamento que leva todo o mandato caducado”. Deste xeito, Castiñeira cualifica ao goberno municipal de estar “en prácticas e ser pouco dilixente”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here