InicioCentralFozFoz visibilizará o románico da Mariña cun punto de estudo na Basílica...

Foz visibilizará o románico da Mariña cun punto de estudo na Basílica de San Martiño

O edil de Turismo destaca que “dende o inicio do mandato estamos potenciando o centro de interpretación da Basílica de San Martiño con ampliacións de contidos das salas, charlas ou conferencias sobre esta temática ou sobre o Camiño do Mar. Este é un paso máis”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.

Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos a distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de doazóns para nutrir os andeis, polo que facemos un chamamento a todos aqueles que queiran contribuír a este fondo para que doen as súas obras no propio centro”.

O edil de Turismo destaca que “dende o inicio do mandato estamos potenciando o centro de interpretación da Basílica de San Martiño con ampliacións de contidos das salas, charlas ou conferencias sobre esta temática ou sobre o Camiño do Mar. Este é un paso máis”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...