ADEGA presenta Proxecto Ríos en Foz para estudar a situación ambiental do río Centiño en setembro

Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Desembocadura do río Ouro, en Fazouro ( Foz) / Deputación de Lugo

ADEGA o Proxecto Ríos en Foz, “unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, cordinado por ADEGA”. Segundo a organización ecoloxista, baséase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local. O obxectivo final é facer responsables da observación do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano “en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección”. As campañas que se realizan son as de primavera e outono, nas que se fan as inspeccións de río.

O Proxecto Ríos en Foz iniciouse no río Centiño na primavera de 2021 para as inspeccións periódicas. O vindeiro sábado 17 de setembro realizarase unha breve sesión informativa para inmediatamente iniciar a actividade no río. Para o proxecto contarase coa colaboración de ADEGA.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here