InicioCentralFozO cambio climático en Radio Foz, unha iniciativa de Onda ODS para...

O cambio climático en Radio Foz, unha iniciativa de Onda ODS para concienciar sobre o clima desde o ámbito do local

O proxecto Onda ODS pretende desenvolver "unha estratexia de comunicación encamiñada a sensibilizar e divulgar entre a cidadanía estas propostas presentando iniciativas próximas que discorran nesa liña”.

Publicada o

- Advertisement -

A emisora municipal Radio Foz emitirá un programa de reflexión sobre o cambio climático desde unha perspectiva local. Trátase dunha iniciativa na que participan máis de 300 radios municipais e comunitarias de todo o estado. Chámase Onda ODS e comezará cun espazo en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, este xoves 15 de 9 a 11 da mañá. Un dos participantes será o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, Carlos García.

Os promotores desta iniciativa explican que “este tempo de radio, conducido por Susana Falcón, de Radiofusión, e Pablo García, de Radio A Estrada, abordará diversos aspectos vinculados aos obxectivos recollidos pola ONU na súa Axenda 2030. Realizarase desde o castelo de Santa Cruz, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)”.

Desde Radiofusión engaden que “os medios locais queren contribuír na liña marcada polos ODS entre outros facer fronte á emerxencia climática e ambiental, superar as ineficiencias dun sistema económico excesivamente concentrado ou revitalizar o noso medio rural e enfrontar o reto demográfico”.

O proxecto Onda ODS pretende desenvolver “unha estratexia de comunicación encamiñada a sensibilizar e divulgar entre a cidadanía estas propostas presentando iniciativas próximas que discorran nesa liña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...