A longametraxe ‘Cuñados’ abre o Ciclo Mestre Mateo en Foz despois do verán

O ciclo estrearase co filme 'Cuñados'


O Ciclo Mestre Mateo regresa a Foz logo do verán, este sábado 17 de setembro. A Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, proxecta Cuñados, longametraxe nominada nos Premios Mestre Mateo.

Esta comedia Cuñados, conta como Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen dea coa solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema, Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a todas as persoas a botar unhas risas a tarde do sábado con Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey ou Eva Fernández.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here