InicioCentralFozFoz licita máis de 135.000 euros para a mellora en camiños das...

Foz licita máis de 135.000 euros para a mellora en camiños das distintas parroquias

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, fixo referencia a unha serie de actuacións por todas as parroquias e que supuxeron case un total de 300.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz saca a licitación un plan de mellora de camiños en parroquias por 136.000 euros, que se suman a outras obras cun investimento de 290.000 euros que están en distintas fases de execución e licitación.

Segundo anunciou o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o prazo de presentación e ofertas remata o 3 de outubro e son financiadas con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación de Lugo. “Estamos traballando para mellorar os viais e as infraestruturas en toda a zona rural do noso concello, onde viven uns 4.500 habitantes“.

A isto Cajoto engadiu a eliminación da fenda dixital desde que está o actual goberno local, xa que se conseguiu estender a fibra óptica polas nove parroquias de Foz. O alcalde tamén deu conta da licitación de obras como a renovación de firme en 450 metros de camiños nos barrios do Raxal e de Ribela, en Cangas.

A esta actuación sumouse a renovación da rede de abastecemento e aglomerado en quente no barrio da Barrosa, en Nois. A mesma actuación tamén se realizará no barrio de Morgallón, en Fazouro. Outras obras iguais realizaranse en San Acisclo, en San Martiño, nos barrios dos Carrís e Vilacendoy e Vilaronte.

SANEAMENTO EN MAÑENTE

Finalmente Fran Cajoto engade que quedan moitas actuacións pendentes mais estase a traballar para dotar a Foz “dunha rede viaria e de servizos acorde cos tempos nos que vivimos”. Neste sentido están en licitación dúas actuacións de mellora do saneamento na parroquia de Vilaronte.

Trátase dunha actuación de case 15.000 euros para dispoñer un colector de PVC que se conectará á rede xeral de saneamento e permitirá dotar deste servizo a unha zona moi poboada.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...