InicioCentralFozO Proxecto Foz2030 foi un dos temas tratados polo concelleiro Carlos García...

O Proxecto Foz2030 foi un dos temas tratados polo concelleiro Carlos García na iniciativa Onda ODS

Á emisión do programa en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), asistiron un centenar de escolares da provincia da Coruña.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro focego de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030, Carlos García, participou este xoves nun programa de radio sobre o cambio climático que se emitiu desde o Castelo de Santacruz, sede co CEIDA, na localidade coruñesa de Oleiros, para máis de 300 emisoras municipais e comunitarias de todo o estado, entre elas Radio Foz. O edil falou do proxecto Foz2030 como exemplo de instrumento de traballo na sustentabilidade a nivel municipal.

Carlos García referiuse a accións ambientais desenvolvidas no concello de Foz, partindo do peche do vertedoiro de lixo de Malates en 1999, e a recuperación medio ambiental da ribeira do río Masma, que se converteu nun bosque con especies autóctonas plantadas por escolares e membros de asociacións focegas. Tamén resaltou que Foz foi un dos primeiros concellos en levar os residuos á planta de tratamento coruñesa. O concelleiro propón que “o espírito medioambiental de Malates sexa un exemplo para os máis novos sobre a que edificar un conciencia de vila máis comprometida co medio”.

Á emisión do programa en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), asistiron un centenar de escolares da provincia da Coruña.

Esta iniciativa, denominada Onda ODS, terá continuidade desde o vindeiro luns 19 todos os días laborables ás 9 da mañá e ás 9 da noite. Está impulsada por Radiofusión, en colaboración con Emisoras Municipales de Andalucía, RTV Cardedeu La Xarxa e a Rede Estatal dos Medios Comunitarios. Onda ODS conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...