InicioSucesosFalece o condutor dun turismo tras chocar cun tráiler en Foz

Falece o condutor dun turismo tras chocar cun tráiler en Foz

O outro condutor implicado resultou ileso.

Publicada o

- Advertisement -

O condutor dun turismo, de 57 anos de idade, faleceu durante a madrugada deste mércores tras chocar o vehículo que conducía contra un camión no municipio de Foz. O outro condutor implicado resultou ileso.

Segundo informou o 112, ao redor das 5,20 horas, unha chamada particular deu aviso dunha colisión entre un turismo e un camión tráiler na N-642, á altura do p.k 38,400.

O impacto entre ambos os vehículos provocou que a vítima quedase atrapada no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Barreiros. Con todo, o 061 –tamén desprazado ao lugar– non puido facer nada por salvarlle a vida.

No operativo, tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Cervo e voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...