InicioCentralFozFoz celebra o Día da Bici para o 25 de setembro nunha...

Foz celebra o Día da Bici para o 25 de setembro nunha xornada familiar

A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais.

Publicada o

- Advertisement -

Este domingo, 25 de setembro celebraremos o Día da Bici. Volveremos a gozar dunha xornada familiar na que pais e nais pasean en bici cos nenos e nenas. A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou hoxe unha nova do Día da Bici.

A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 24 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.

A saída será ás 11:30h desde o parque infantil de tráfico, a onde voltaremos despois de dar un agradable paseo pola zona das praias. Ao finalizar o paseo sortearemos unha bici e outorgaremos os premios á bici mellor engalanada, mellor disfraz, máis novo e máis veterano. O uso do casco será obrigatorio.

A concelleira agradece a colaboración de Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista e Motos Baltasar, sen os que non sería posible a celebración deste evento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...