InicioCentralFozO obradoiro de emprego Terras do Ouro 2022 acollerá persoas de Foz,...

O obradoiro de emprego Terras do Ouro 2022 acollerá persoas de Foz, O Valadouro e Alfoz

Á presentación acudiron os alcaldes de Foz, Valadouro e Alfoz, que deron ánimo ao novos alumnado e trasladaron as gañas de seguir optando a futuras convocatorias de obradoiros para ofrecer máis e mellores oportunidades laborais aos desempregados dos seus concellos.

Publicada o

- Advertisement -

Arrincou o novo obradoiro de emprego Terras do Ouro 2022, promovido polos concellos de Foz, O Valadouro e Alfoz, no que se dará emprego e formación a vinte persoas desempregadas procedentes dos tres municipios durante un período de doce meses.

O alumnado alternará formación teórico práctica con traballos de conservación e mellora en parques, xardíns e zonas verdes, o que lles permite conseguir os seguintes certificados de profesionalidade: AGAO0208 (Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes, AGAO0108 (Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría) e AGAR0309 (Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes.

Con este obradoiro non só se mellorarán e conservarán zonas verdes de uso público pertencentes ós tres concellos senón tamén se fomenta a empregabilidade dos alumnos-traballadores.

Á presentación, que foi onte, mércores, en Foz, acudiron os alcaldes de Foz, Valadouro e Alfoz, que deron ánimo ao novos alumnado e trasladaron as gañas de seguir optando a futuras convocatorias de obradoiros para ofrecer máis e mellores oportunidades laborais aos desempregados dos seus concellos. Doce alumnos e alumnas actuarán en distintos xardíns e zonas verdes de Foz e outros 8 nos concellos de Alfoz e Valadouro, polo que as actividades de formación van redundar ademais nun beneficio directo para os veciños dos tres concellos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...