InicioCentralFozA programación cultural de outono en Foz muda de espazo, da Sala...

A programación cultural de outono en Foz muda de espazo, da Sala Bahía á Casa da Cultura

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coa chegada do outono a programación cultural de Foz muda de espazos pero continúa o seu camiñar. As obras da Sala Bahía obrigarán a centrar toda a programación no Salón de Actos da Casa da Cultura. O mes de outubro está dedicado ao teatro".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presenta a súa programación cultural de outono, que se desenvolverá no salón de actos da Casa da Cultura debido ás obras que se están realizando para mellorar a Sala Bahía.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coa chegada do outono a programación cultural de Foz muda de espazos pero continúa o seu camiñar. As obras da Sala Bahía obrigarán a centrar toda a programación no Salón de Actos da Casa da Cultura. O mes de outubro está dedicado ao teatro“.

Pero no mes de outubro tamén haberá actividades para os máis pequenos. Para celebrar o Día das Bibliotecas o luns 24 ás 19.00 horas na Casa da Cultura poderase desfrutar de Cantacontos, de Migallas.

O mércores 26 representarase dentro do ciclo Lendas do Camiño Norte a obra O Bispo Santo contra os Normandos, da compañía Mircromina. Unha tarde completa de actividades na Casa da Cultura a partir das 17.00 horas con obradoiro de monicreques e teatro.

O mes de novembro continúa o teatro infantil e adulto. O domingo 6 ás 12.00 horas chegará Ninja, de Ghazafellos, para público a partir de 5 anos. O sábado 12 Migallas volverá con Petiscos de lingua; e o xoves 17 ás 19.00 horas La vuelta al mundo en 80 días, de Fantastique Company aterrará en Foz.

O teatro adulto estará centrado nas mulleres e o seu papel. O día 11 de novembro ás 20.30 horas Feminíssimas, da compañía De ste Xeito Producións contaranos as tres maneiras que teñen de entender o feminismo tres amigas. E como novidade o 25 de novembro ás 20.30 horas estrease en Foz Papagena, unha ópera da compañía Butaca Cero que conta a relación tóxica que mantén unha muller que se emparella co Papageno. Finalmente o sábado 26 de novembro a Banda de Música de Foz realizará o seu tradicional concerto de Santa Icía.

 

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...