A Mancomunidade de Concellos presenta a nova edición da Mariña en Ruta para este outono

Este evento organízase coa colaboración da Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.


A Mancomunidade de Concellos da Mariña presentará este vindeiro xoves a nova edición para o outono de 2022 “A Mariña en Ruta”. Este evento organízase coa colaboración da Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

A presentación será ás 12:30 no Salón de Actos do Cenima en Foz.

Durante o acto de presentación haberá unha serie de intervencións do alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, a deputada de Réxime Interior, Mayra García, deputada da Área de Economía, Paloma Vázquez e a axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade, Tania Hermida.

I

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here