InicioCentralFozO mes de compras gratis no comercio de Foz comezará o 29...

O mes de compras gratis no comercio de Foz comezará o 29 de setembro e sorteará 2.000 euros en premios

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñaba hai uns días na presentación desta iniciativa que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio nos meses de outubro e de novembro”.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteará 2.000 euros en premios na campaña que desenvolverá do 29 de setembro ao 29 de outubro. Denomínase Este mes compras gratis no comercio de Foz.

Os clientes o que teñen que facer é cubrir os boletos que lles entregarán nos locais asociados con cada compra que fagan por un importe superior aos 10 euros entre mañá, 29 de setembro, e o 29 de outubro. En xogo estarán 2.000 euros en vales de compra para gastar durante o mes de novembro. O sorteo terá lugar o día 4 en Radio Foz.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñaba hai uns días na presentación desta iniciativa que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio nos meses de outubro e de novembro”.

Este mes compras gratis no comercio de Foz sorteará 6 premios de 100 euros, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros. Esta campaña está organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...