InicioCentralFozA UNED de Foz presenta a oferta de cursos para o primeiro...

A UNED de Foz presenta a oferta de cursos para o primeiro cuatrimestre

O alumnado tamén poderá matricularse nos graos, masters, doutoramentos e curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos que ofrece a Aula Universitaria de Foz, que este curso incorpora tres novas titulacións: Educación Infantil, Enxeñaría da Enerxía e Ciencias Ambientais.

Publicada o

- Advertisement -

Na UNED-Aula Universitaria de Foz o alcalde, Fran Cajoto, xunto coa coordinadora do centro, María Fuensanta Otero, presentaron a ampla oferta de cursos de extensión universitaria para este primeiro cuatrimestre.

Os cursos son os seguintes:

-Lengua de Signos A1.

-Francés Básico. Nivel A2 del Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL ) equivalente al (DELF A2)

-La Constitución española del 78 para opositores: La organización institucional y territorial.

-Monitor de Tiempo Libre.

-La mediación: Prevención del maltrato a niños, niñas y adolescentes.

-El Estatuto de Autonomía de Galicia para opositores. (Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia).

-Curso Preparación del Celga 3 y 4.

-Curso Preparación Inglés B1.

-Curso Básico de Inglés.

Fran Cajoto destaca o gran labor que se está a facer desde a UNED de Foz: temos a universidade no noso concello. A implantación, por exemplo, este ano do Grao en Educación Infantil na universidade a distancia está a ser un auténtico éxito. Hai posibilidades de aumentar a oferta de cursos formativos: niso está a traballar a coordinadora, á que teño que agradecer a súa gran implicación.”

A coordinadora da Aula Universitaria de Foz explica que “o empeño por facilitar á sociedade focense en particular e á de España, Europa e Iberoamérica en xeral espazos dixitais de crecemento cultural e científico, e de promover e difundir os fundamentos da cultura científica, ofrecer un amplo catálogo de actividades culturais, conferencias e cursos”. 

O prazo de inscrición para os cursos está aberto e prolongarase ata o 21 de outubro de 2022. O alumnado tamén poderá matricularse nos graos, masters, doutoramentos e curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos que ofrece a Aula Universitaria de Foz, que este curso incorpora tres novas titulacións: Educación Infantil, Enxeñaría da Enerxía e Ciencias Ambientais.

Os interesados poden obter máis información na secretaría da UNED-Aula Universitaria de Foz, sita no IES de Foz ou nos teléfonos 982.133.699 e 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...