InicioCentralFozA profesora Dolores Barral falará este venres na segunda conferencia das Xornadas...

A profesora Dolores Barral falará este venres na segunda conferencia das Xornadas San Martiño no Camiño

A profesora Dolores Barral Rivadulla, falará da diocese mindoniense no medievo. “Tratarase de facer unha viaxe a vista de paxaro sobre as principais manifestacións artísticas vinculadas á diocese de Mondoñedo-Ferrol, sobre todo no entorno da Mariña lucense".

Publicada o

- Advertisement -

A Xornadas San Martiño no Camiño segurián este venres, día 7 de outubro, organizadas polo Concello de Foz. Será na sala multiusos do Centro de Interpretación da Basílica ás 20 horas a cargo da profesora Dolores Barral Rivadulla, titular de historia da arte antiga e medieval no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.

Dolores Barral falará da diocese mindoniense no medievo. “Tratarase de facer unha viaxe a vista de paxaro sobre as principais manifestacións artísticas vinculadas á diocese de Mondoñedo-Ferrol, sobre todo no entorno da Mariña lucense, dende un punto de vista patrimonial, co fin de atender e valorar todos os testemuños históricos dunha das dioceses máis descoñecidas de Galicia”, explica o concelleiro focego de Turismo, Chema Linares.

O edil engade: “temos que destacar a boa acollida que tivo a primeira das charlas, impartida por Carolina Casal sobre as pinturas do medievo no Camiño do Mar. E estamos seguros que esta segunda charla será tamén moi interesante. Animamos a todos os veciños a acudir a San Martiño para coñecer un pedaciño da nosa historia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...