InicioCentralFozFoz agradece a participación da cidadanía na XI Limpeza Simultanea de Praias

Foz agradece a participación da cidadanía na XI Limpeza Simultanea de Praias

O obxectivo principal desta actividade e concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz agradece o interese dos participantes na XI Limpeza simultanea de praias, organizada por ADEGA coa colaboración do Departamento de Medio Ambiente de Foz. Encontráronse máis de 250 kg de lixo (aparellos de pesca, envases de todo tipo, pneumáticos…) na praia dos Alemáns, que afortunadamente puideron ser retirados polas persoas participantes.

O obxectivo principal desta actividade e concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases, movilizando a un gran número de persoas en toda Galiza nun mesmo día. Dende o Concello de Foz o noso agradecemento ás persoas voluntarias que o pasado 15 de outubro adicaron a maña de sábado á protección destes ecosistemas tan valiosos como ameazados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...