InicioCentralFozA UNED abre novas titulacións nas súas aulas en Foz para o...

A UNED abre novas titulacións nas súas aulas en Foz para o curso 2022-23

A directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, explicou que “este curso vamos implantar tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais". 

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recibiu á directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, e presentaron a campaña de matrícula para o curso 2022-23 e as novas titulacións que se impartirán no centro lucense.

Ana Traseira explicou que “este curso vamos implantar tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais”.

Segundo Ana Traseira a primeira aula “viña sendo demandada de xeito insistente polo alumnado da UNED dende hai moito tempo e por fin podemos ofertarlla aos nosos estudantes de xeito semipresencial, e polo tanto tamén aos do concello de Foz e da área da Mariña”.

A segunda creouna a UNED e aprobouna pola ANECA e “esta titulación creo que moi acaída nos momentos de crise enerxética que estamos a vivir e todo este inverno ao que nos temos que enfrontar supón a necesidade de revisar os nosos consumos enerxéticos e os tipos de enerxía que estamos a empregar”. Doutra banda dende o ano 2019 estase desenvolvendo o proxecto Lugo Naturalmente, que traballa en tres eixos e un deles é a loita contra o cambio climático.

A directora da UNED en Lugo comentou tamén que “coma sempre, ao longo do curso imos ter unha variada actividade de extensión universitaria; a aula de Foz caracterízase por un gran dinamismo neste campo e iniciamos o curso con varias actividades vinculadas ao Dereito, á Constitución, aos idiomas e ao traballo social”.

Ademais Ana Traseira agradeceu “a colaboración do Concello de Foz, do seu alcalde, Francisco Cajoto, e o apoio incondicional á Aula Universitaria da UNED de Foz, polo que estamos moi agradecidos”.

A directora da UNED tamén salientou que “este curso estamos a celebrar os 50 anos da UNED, que se cumpriron o pasado 18 de agosto. A UNED naceu cun fin claramente social e creo que neste momento de celebración do 50 aniversario é interesante facer fincapé nesa función, que tratamos de desenvolver dun xeito amplo como Universidade”.

E o alcalde de Foz destacou: “estamos de celebración. Son 50 anos xa da UNED, da universidade pública a distancia, e nós en Foz temos unha aula desde a cal as nosas veciñas e veciños teñen a posibilidade de sacar un título universitario”. Cajoto tamén engadiu “pouquiño a pouco vaise ampliando esa oferta educativa para que todas aqueles persoas que por motivos laborais, porque non é compatible cos seus horarios, ou simplemente por desprazamento teñan a posibilidade de estudar desde a casa”.

O rexedor municipal focego rematou comentado que “é unha data para celebrar e todos os interesados deben saber que teñen a universidade aquí, na casa, no instituto de Foz, onde está a Aula Universitaria, que ofrece préstamos de libros e atención para resolver dúbidas a través dos profesores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...