InicioCentralFozO concelleiro de Foz Javier Fraga di que as parroquias só lle...

O concelleiro de Foz Javier Fraga di que as parroquias só lle interesan ao PP cando está na oposición

Javier Fraga engade que o actual goberno municipal de Foz “está investindo máis que nunca nas parroquias, en viais non só con fondos propios senón tamén co Plan Único da Deputación ou co Agader".

Publicada o

- Advertisement -

O edil do goberno municipal de Foz Javier Fraga responde ás críticas do Partido Popular sobre o camiño da Veiga de Pardiñas e explica que “o alcalde preguntoulle ao concelleiro Antonio Hermida, do PP, no pleno de setembro se o camiño en cuestión era de servidume ou inventariado e de titularidade municipal. A pesar de tratarse dun vial que incluíu no inventario municipal o goberno local do PP e ao que non lle tocaron en 8 anos de mandato non soubo que responder; está ben que agora, aínda que sexa tarde, faga os seus deberes”.

Javier Fraga engade que o actual goberno municipal de Foz “está investindo máis que nunca nas parroquias, en viais non só con fondos propios senón tamén co Plan Único da Deputación ou co Agader. En dúas ocasións un equipo de maquinaria de rego asfáltico da Deputación acondicionou camiños por un valor estimado de máis de 200.000 euros e seguimos. Non pretenderá o Partido Popular que arranxemos de inmediato a falta de investimento dos 8 anos que estiveron gobernando. O que tampouco vamos practicar é a descualificación persoal, como está a facer de forma continua o señor Hermida co alcalde, que é de todos. Os datos están aí: por primeira vez usáronse baixas das obras do Plan Único para facer novos investimentos, cando na época do PP simplemente non existían. Imos continuar traballando por mellorar o noso pobo, aínda que lle pese ao señor Hermida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...