InicioCentralFozLicitadas as obras de humanizacións en varias rúas de Foz por case...

Licitadas as obras de humanizacións en varias rúas de Foz por case 800.000 euros

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Deputación de Lugo e en especial ao presidente, José Tomé, a comprensión e o apoio que demostra cos problemas que ten Foz: “Avanzamos na mobilidade, actuando nunha rúa que é básica para Foz como é a baixada das Casas Baratas".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz licita as obras de humanización das rúas Eduardo Pondal, Salvador de Madariaga, Irmandiños, Curros Enríquez e Praza de Galicia por un importe de total de 767.720,21 euros (IVE incluído), que son financiadas conxuntamente pola Deputación de Lugo (544.000 euros) e o Concello de Foz (224.000 euros). O prazo de presentación de ofertas remata o 7 de novembro.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Deputación de Lugo e en especial ao presidente, José Tomé, a comprensión e o apoio que demostra cos problemas que ten Foz: “Avanzamos na mobilidade, actuando nunha rúa que é básica para Foz como é a baixada das Casas Baratas. Imos contar con beirarrúas de 2 metros de anchura e pasos de peóns elevados para reducir a velocidade e mellorar a seguridade dos peóns. E levarase a cabo renovación de servizos, nova rede de pluviais e pavimentación, tamén nos viais que conforman a Praza de Galicia. É unha obra prioritaria para conectar o centro urbano coa praia da Rapadoira e o Campo da Cabana”.

OUTRAS OBRAS EN CURSO

Rúa Costa do Castro: “A mediados da próxima semana Construcciones Isidro Otero retomará os traballos na urbanización da rúa Costa do Castro. Nesa data desprazará os equipos de estendido de aglomerado para estender a capa definitiva de rodadura en Costa do Castro e aglomerar a Rúa do Cemiterio e a da Fiallega, como está previsto. Proseguirán os traballos coa continuación da beirarrúa dereita ata o cemiterio como senda de formigón, a execución do miradoiro no Pico do Castro e a colocación de farolas e resto de mobiliario urbano”. A través do convenio asinado para esta obra a Deputación de Lugo financia 466.800 euros e o Concello de Foz os 116.720 euros restantes.

Renovación de abastacemento da rúa Eduardo Pondal: “A comezos da semana próxima comezarán as obras de renovación da tubaxe de abastecemento en Eduardo Pondal, substituíndo a actual condución de fibrocemento por unha canalización de fundición dúctil de 200 milímetros de diámetro. Con isto evitaremos os problemas de roturas continuos que temos nesta rúa. As obras foron licitadas por o procedemento de contrato aberto e adxudicadas a Gestagua por un importe de 62.025,41 euros. A obra está financiada con cargo a fondos propios municipais.

Pista multideporte do colexio O Cantel: “Esta é unha infraestrutura deportiva que vai dar servizo ao colexio do Cantel en horario lectivo e a todas as veciñas e veciños de Pintor Laxeiro e do Concello de Foz fóra das horas de clase. As obras van comezar xa esta mesma semana. Están adxudicadas polo procedemento de contrato aberto á empresa Serviplus Total SL en 83.777 euros e están financiadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con 62.533 euros, sendo aportados 21.244 euros de fondos propios municipais”.

Obras de mellora da Sala Bahía: “Adxudicadas á empresa Calicanto Obras y Proyectos en 133.392,34 euros, vanse a substituír ventás e portas, dispoñer dun novo sistema de climatización e pintar o edificio. O obxecto é conseguir unha sala multiusos máis eficiente e cómoda, renovando por exemplo un sistema de calefacción obsoleto e que resulta incompatible cunha representación teatral polo ruído que xera. As obras están en curso, no proceso de fabricación da carpintería exterior. As melloras son financiadas con 93.248,25 euros de fondos propios municipais e 40.144,09 euros xestionados polo Agadic procedentes dos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia Estatal”

O alcalde engade que recemente o Concello de Foz celebrou as mesas de contratación para a mellora de camiños en Cangas, Nois, Fazouro, San Acisclo, San Martiño e Vilaronte por 112.591,28 euros e de acondicionamento do Camiño da Cruz e saneamento en Mañente por 43.943,71 euros, con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...