InicioCentralFoz"Malencolía" será o filme para o mes de outubro do Ciclo Mestre...

“Malencolía” será o filme para o mes de outubro do Ciclo Mestre Mateo en Foz

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a gozar desta longametraxe que obtivo nove nominacións aos Premios Mestre Mateo.

Publicada o

- Advertisement -

O filme “Malencolía”, nominado aos Premios Mestre Mateo, será proxectado este sábado 22 de outubro na Casa da Cultura de Foz.

A Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, continúa co Ciclo Mestre Mateo.

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemania.

Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a gozar desta longametraxe que obtivo nove nominacións aos Premios Mestre Mateo. Este sábado 22 de outubro, ás 18:30h na Casa da Cultura, o mellor cine galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...