InicioCentralFozFoz celebrará durante a semana que vén o día Internacional das Bibliotecas...

Foz celebrará durante a semana que vén o día Internacional das Bibliotecas con varias actividades

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, indica tamén “retómanse servizos coma o da Maleta Viaxeira, que permitirá a colectivos de Foz solicitar un préstamo de ata 30 libros para difundir a lectura entre os seus membros".

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, organiza actividades desde o luns da vindeira semana para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o luns 24 o grupo teatral Migallas fará as delicias dos máis pequenos con Cantacontos e a entrada será gratuíta. O martes 25 comeza unha actividade para a difusión e mellora das habilidades con idiomas, o Café de Idiomas. Os martes de 19.00 a 20.00 horas falamos en portugués e os mércores no mesmo horario falamos en inglés. Será no primeiro andar da Casa da Cultura”.

Inés López Couto engade que “o mércores 26 continúan as actividades para nenas e nenos. Neste caso o grupo Mircromina tráenos Lendas do Camiño Norte, en Foz centrado na Lenda do Bispo Santo. É unha actividade gratuíta e non require inscrición. Entre as novas actividades volve tamén a convocatoria do concurso de postais de Nadal, que este ano cumpre a súa XVIII edición. Coas categorías de infantil A (ata 6 anos), infantil B ( de 7 a 10 anos) e xuvenil (de 11 a 16 anos), contará cun prazo de presentación ata o 30 de novembro. As obras entregaranse na propia biblioteca e haberá premios para as mellores postais de cada categoría, sendo a gañadora a postal oficial do Concello de Foz neste ano 2022”.

A edil de Cultura indica tamén “retómanse servizos coma o da Maleta Viaxeira, que permitirá a colectivos de Foz solicitar un préstamo de ata 30 libros para difundir a lectura entre os seus membros. Seguiremos traballando para mellorar este servizo e seguir difundindo as nosas letras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...