Presentada en Foz a XVII Rota 4X4 Montes da Mariña organizada polo club Os Correcamiños

A rota celebrarase esta fin de semana, do venres 28 ao domingo 30.


A decimosétima edición da Rota Montes da Mariña, que organiza o Club Os Correcamiños 4×4, de Foz, foi presentada este pasado luns. A rota celebrarase esta fin de semana, do venres 28 ao domingo 30.

Os organizadores explican: “despois de non poder celebrar os dous últimos anos esta gran cita do mundo do motor, Os Correcamiños volven esta fin de semana á carga coa proba máis importante a nivel estatal en número de inscricións. En dúas semanas xa esgotaran as 500 prazas para quads, motos e todoterreos. Acudirán participantes de toda España e tamén de Portugal para facer rotas polos montes (sábado) e probas de habilidade (o domingo a partir das 9 horas) no circuíto da antiga fábrica de Pardiñas en Fazouro. O público poderá ver como se desenvolven estes vehículos en varios puntos, o sábado pola mañá no cortafogos da Cazolga e na canteira de Teixeira; e o sábado pola tarde na canteira de Fazouro e en Brea”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here