Proposta do BNG de Foz para solicitar subvencións á Xunta de cara a erradicar a herba da pampa

Sinalan tanto o perigo para a flora autóctona como o impacto paisaxístico arredor do patrimonio histórico.

Herba da Pampa

O BNG de Foz presentará en pleno unha proposta para a erradicación no termo municipal do Carrizo ou Herba da Pampa (cortaderia selloana), considerada unha especie invasora. “Unha vez instalado o Carrizo da Pampa ten grande capacidade para sobrevivir, modifica o hábitat e resulta moi perigosa para a flora endémica.”

Isto levou a que o Carrizo da Pampa este incluído no Catálogo de Especies Exóticas invasoras. A Conselleria de Medio Ambiente da prioridade a loita em ambitos especialmente vulnerables como as reservas da Biosfera ou áreas de rede natura 2000.

Os nacionalistas de Foz declaran que hai zonas sen figuras de protección sobre as que non se actua e son reservorio para a persistencia e futura colonización destas áreas especialmente protexidas. Lugares como o esterio do Ouro, e a Espiñeira a carón da Ría de Foz ou nas inmediacións do Polígono de Fazouro. Ademais engaden o impacto paisaxístico em bens patrimoniais en San Martiño a carón da Basílica ou a carón do Río Centiño.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here