InicioCentralFozO PP de Foz recrimina ao goberno local suplementar o orzamento do...

O PP de Foz recrimina ao goberno local suplementar o orzamento do concello con 800.000 euros

O portavoz popular sinala que había partidas que eran absolutamente insuficientes "debido a alta inflación e á suba dos custos; comparado con anos anteriores, entendíamos que serían insuficientes”.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do PP no Concello de Foz, Javier Castiñeira, sinala nun comunicado que “unha vez máis temos que denunciar a falta de xestión do señor Cajoto”. Castiñeira sinala tamén que o goberno local presidido por Fran Cajoto “demostra unha vez máis a súa incompetencia á hora de xestionar as contas municipais”.

Castiñeira explicou que os orzamentos do concello chegaran tarde “e con dificilutades das que apercibiu o PP no propio pleno”.  O portavoz popular sinala que había partidas que eran absolutamente insuficientes “debido a alta inflación e á suba dos custos; comparado con anos anteriores, entendíamos que serían insuficientes”.

O voceiro popular sinala que o goberno municipal agora “convócanos a un pleno extraordinario para aprobar unha modificación de crédito do orzamento, por case un 10%, 802.000 euros, cos que basicamente se suplementa as partidas que dicía o PP”. Castiñeira insistiu en que “o PP volveu ter razón cando dicía que os orzamentos que presentaba o señor Cajoto non eran reais, e non contemplaban a inflación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...