InicioCentralFozVolven os ciclos de charlas médicas a Foz a partir deste mércores...

Volven os ciclos de charlas médicas a Foz a partir deste mércores cunha palestra sobre as alerxias

A edil de Sanidade, Katherina Alonso Machado, convida a asistir a estas charlas, que serán os mércores 9, 16 e 23 deste mes ás 20 horas na Casa da Cultura de Foz e agradece “especialmente ao Hospital Público da Mariña por colaborar ano tras ano para poñer en valor a sanidade no Concello de Foz”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz inicia este mércores, día 9, unha nova edición do ciclo de charlas médicas, actividade que foi presentada hoxe, luns, coa participación do alcalde, Fran Cajoto; da concelleira de Sanidade, Katherina Alonso; e da xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés.

A concelleira de Sanidade, Katherina Alonso Machado, explica que “o Concello de Foz volve apostar por achegar información de saúde á veciñanza coas súas charlas médicas. Coma en anos anteriores, serán no mes de novembro, comezando este mércores 9 falando dun tema de moito interese e que cada ano foi indo en aumento, as alerxias, co título Alerxia no mundo actual: de onde vimos e cara a onde imos. Será impartida polo alergólogo do Hospital Público da Mariña, Nicola Giangrande. A segunda charla terá lugar o día 16, abordando tamén un tema moi actual como e a saúde mental, baixo o título Coidados en saúde mental. Impartirá esta charla a psicóloga da Unidade de Saúde Mental do Hospital Público da Mariña, Melva Lage Castro. A última charla desta edición terá lugar o 23, na que Ana Otero Naveiro, xinecóloga do Hospital Público da Mariña, falará de Muller e saúde”.

A edil de Sanidade convida a asistir a estas charlas, que serán os mércores 9, 16 e 23 deste mes ás 20 horas na Casa da Cultura de Foz e agradece “especialmente ao Hospital Público da Mariña por colaborar ano tras ano para poñer en valor a sanidade no Concello de Foz”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...