InicioCentralFozFoz levará a pleno un suplemento de crédito nos orzamentos locais para...

Foz levará a pleno un suplemento de crédito nos orzamentos locais para afrontar a suba da inflación

A concelleira delegada de Facenda, Inés López Couto, sinala que “seremos responsables, modificaremos as partidas e os programas necesarios para afrontar as necesidades de Foz e incrementaremos os esforzos para mellorar a resposta do Concello en materia económica",

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz leva este xoves a pleno un suplemento de crédito para afrontar os incrementos de prezo de todos os servizos obrigatorios e necesarios.

A concelleira delegada de Facenda, Inés López Couto, explica que “este suplemento é necesario para o pago de facturas e cumprir coas obrigas e competencias municipais. É necesario aprobar este suplemento para afrontar créditos que son de competencia municipal e non retrasar os pagos, como facía o anterior goberno, con enormes recoñecementos extraxudiciais e deixando sen crédito as partidas no mes de maio e aos provedores sen cobrar ata máis dun ano despois, froito da súa mala xestión”.

Inés López engade que “un concello en crecemento constante coma Foz, con obras moi necesarias en curso (rúa Costa do Castro) e outras que comezarán en breves (rúas Irmandiños, Salvador Madariaga, Curros Enríquez,…), que continúa buscando recursos para peticións que levan anos sendo solicitadas (auditorio, mellora das entradas do pobo,…) necesita ser responsable na súa xestión e ter debidamente atendidas as súas competencias. Nun contexto inflacionista con dificultades na previsión para os economistas, os orzamentos (que son iso, orzamentos, supostos) poden e deben ser modificados para afrontar as necesidades que van xurdindo no exercicio”.

A edil de Facenda comenta tamén: “seremos responsables, modificaremos as partidas e os programas necesarios para afrontar as necesidades de Foz e incrementaremos os esforzos para mellorar a resposta do Concello en materia económica, para que os provedores poidan cobrar coa maior premura, realizando as contratacións que estaban sen facer dende hai anos e traballando man a man cos servizos económicos e xurídicos municipais. Non temos medo a modificar as nosas previsións iniciais nin a recoñecer que é necesario facer modificacións. Iso non implica erros senón seriedade e responsabilidade para responder as necesidades. Non imos pecar de soberbios.”

Os 802.222,63 euros servirán para o pago da enerxía eléctrica, a recollida selectiva, melloras no saneamento, abastecemento e limpeza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...