InicioCentralFozDeteñen tres supostos autores dun delito de roubo nunha empresa en Foz

Deteñen tres supostos autores dun delito de roubo nunha empresa en Foz

Os axentes investigaron sobre as supostas persoas vinculadas e as vendas realizadas en despezamentos dedicados á compravenda de chatarra.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo tres persoas, entre elas un menor de idade, como supostos autores dun delito de roubo nunha empresa do municipio de Foz que se dedica á compravenda de vehículos, motores e calquera tipo de material en mal estado. O valor do subtraído está valorado en 18.000 euros.

Segundo indicou o Instituro Armado nun comunicado, os supostos autores subtraéronlle en varios días diverso material que tiña gardado na nave.

Desta forma, os axentes investigaron sobre as supostas persoas vinculadas e as vendas realizadas en despezamentos dedicados á compravenda de chatarra. Con isto, produciuse a identificación e detención dunha muller de 24 anos de idade e veciña de Lugo, que realizaba as vendas dos obxectos subtraídos.

Así mesmo, procederon á identificación e detención dun home de 27 anos de idade, tamén veciño de Lugo, que sería un dos autores materiais dos feitos e vinculado á propiedade do vehículo utilizado durante os delitos.

Ademais, detiveron a outro individuo, menor de idade, como presunto responsable dos feitos que se investigan. As persoas detidas, de orixe romanesa, foron postas a disposición xudicial, segundo constatou a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...