InicioCentralFozACIAFozCCA entrega 3.000 euros en premios mediante tarxetas prepago en vales de...

ACIAFozCCA entrega 3.000 euros en premios mediante tarxetas prepago en vales de compra

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradeceu “o apoio das diferentes administracións e da Federación Galega de Comercio para poder desenvolver este tipo de iniciativas tan importantes para os negocios locais”.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA fixo entrega de 3.000 euros en premios en tarxetas prepago e vales de compra na tarde onte. Estas campañas foron patrocinadas por Concello de Foz, pola Federación Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar a carón da Casa do Concello, onde as persoas afortunadas recibiron os 2.000 euros en vales de compra sorteados na campaña de AciaFozCCA, desenvolvida entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. Foron 6 premios de 100 euros cada un, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros. As afortunadas e afortunados poderán consumir os seus premios ata o 31 de decembro nos establecementos que participaron nesta campaña.

Tamén recibiron as súas tarxetas prepago de 50 e 30 euros respectivamente (en total 1.000 euros en premios) aquelas persoas que resultaron afortunadas no sorteo realizado pola Federación Galega de Comercio na tarde de onte. A campaña Mercar no teu comercio ten premio tivo lugar entre o 3 e o 10 de novembro en Foz.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradeceu “o apoio das diferentes administracións e da Federación Galega de Comercio para poder desenvolver este tipo de iniciativas tan importantes para os negocios locais”.

Asistiron á entrega de premios, entre outros, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...