InicioCentralFozFoz proxectará "Tres", a longametraxe gañadora dos Premios Mestre Mateo 2022 dentro...

Foz proxectará “Tres”, a longametraxe gañadora dos Premios Mestre Mateo 2022 dentro do ciclo que leva o mesmo nome

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a aproveitar da oportunidade de gozar da recoñecida como mellor longametraxe, a mellor actriz protagonista e o mellor son dos Mestre Mateo 2022.

Publicada o

- Advertisement -

O Ciclo Mestre Mateo organizado en Foz proxectará este 19 de novembro a longametraxe  ‘Tres’. A Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, continúa co Ciclo Mestre Mateo.

C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos salga, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo.

Aínda que ela aínda non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes. A medida que o delay aumenta, C. vese obrigada a deixar o traballo, a afrontar en desincronía a morte da súa nai e, finalmente, a reformularse a súa vida ao completo.

Co tempo, descubrirá que a súa discapacidade non é só un estigma. Permitiralle gañarse a vida dunha maneira sorprendente, e, sobre todo, abriralle a porta ao mundo dos xordos. Alí coñecerá a Max (45) o seu profesor de linguaxe de signos, co que xurdirá unha intensa relación impensable antes da irrupción do delay.

Un día, tal como foise, a sincronía volve ao cerebro de C. De súpeto está curada, pero xa non é a mesma. A súa odisea sensorial fíxoa madurar. Agora dispón dunha segunda oportunidade. Está nas súas mans non deixala escapar.

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a aproveitar da oportunidade de gozar da recoñecida como mellor longametraxe, a mellor actriz protagonista e o mellor son dos Mestre Mateo 2022. Este sábado 19 de novembro, ás 18:30h na Casa da Cultura, o mellor cine galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...