O BNG cualifica de “lamentable e machista” a campaña da Xunta para o 25N

"Demandamos da Xunta de Galiza o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero do proxecto de orzamentos de 2023 de forma que se sitúen, como mínimo, no 1% do total" sinalan desde o BNG de Foz.

Francisco Javier Fanego. AXM

O BNG de Foz condena a campaña da Xunta de Galicia en relación ao 25N, como “lamentable e machista”. A isto, a formación engade os datos recentes dados a coñecer a mediados de outubro por parte do Observatorio do Consello Xeral do Poder Xudicial que indicaba que os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre de 2022 até 1.813 denuncias por violencia machista, un 9,9% máis que no mesmo período de 2021.

Para o BNG focego, ademais da preocupación pola vixencia da violencia machista, o contexto de 2022 engade a incerteza dunha situación económica na que a escalada de prezos que se vive desde hai máis dun ano impacta con virulencia nas mulleres, afondando na desigualdade.

Galicia “é exemplo de importantes avances, aínda que temos avanzado, queda moito por facer e estamos nun momento histórico de ameazas de retroceso en materia de igualdade”. Para facer isto, o BNG de Foz ve necesario dar un paso máis “fortalecendo un instrumento coma os CIM”. Consideran que é un paso necesario para garantir a igualdade de opcións e trato das galegas “ao longo do territorio, para avanzar na profesionalización e na mellora da atención e para prever e intervir ante as necesidades actuais”.

“Demandamos da Xunta de Galiza o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero do proxecto de orzamentos de 2023 de forma que se sitúen, como mínimo, no 1% do total” sinalan desde o BNG de Foz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here