Foz leva a pleno uns orzamentos de case dez millóns de euros para o ano 2023 e serán levados a pleno o vindeiro xoves

A concelleira de Economía, Inés López Couto, engade que “é necesario que se incrementen as dotacións de recursos tanto por parte do Estado como da comunidade autónoma, xa que absorben a maioría deles sen ter en conta as competencias municipais, que se incrementan cada día".


O Concello de Foz leva a aprobación o orzamento municipal para o exercicio 2023 este xoves, día 1 de decembro, nun pleno extraordinario que se celebrará ás 20.30 horas e que será emitido por Radio Foz. Este orzamento, que ascende a 9.768.359,77 euros, increméntase con respecto a exercicios anteriores en máis dun 10 por cento, focaliza as súas inversións na área social, en servizos municipais primarios, así como en obras moi necesarias para a mellora de Foz.

A concelleira de Facenda, Inés López Couto, explica que “as partidas de gastos correntes incrementáronse para a administración: as importantes subas da enerxía, os carburantes ou calquera tipo de servizo esencial fan necesario aumentar as dotacións destas para facer fronte aos recursos para a prestación destes servizos. No capítulo de ingresos vaise revisar que se cumpran as ordenanzas existentes xa que é moi importante que un pobo en crecemento coma Foz medre de forma ordenada e que se cumpra os regulamentos que ten en vigor, para unha convivencia cómoda para todos os cidadáns”.

Inés López Couto engade que “é necesario que se incrementen as dotacións de recursos tanto por parte do Estado como da comunidade autónoma, xa que absorben a maioría deles sen ter en conta as competencias municipais, que se incrementan cada día. Os concellos, cada vez máis, asumimos competencias que son doutras administracións, debido a que non se nos transfiren os recursos necesarios para que estas se poidan cubrir ou a que as administracións competentes deixan de cubrilos, traspasándonos as responsabilidades ou abandonando os servizos”.

O capítulo de gastos correntes ascende á 5.390.152,10 euros, sendo os investimentos reais de 335.510,38 euros. O alcalde, Fran Cajoto, detalla que “estes investimentos inclúen a adquisición de nova maquinaria para os servizos de obras e xardinería, como é un tractor para o desbroce de camiños veciñais, así como os fondos propios a executar no Plan Único do vindeiro exercicio, a anualidade 2024 da obra de humanización da Rúa Irmandiños, fondos para mantemento de viais en parroquias e algunhas melloras para o servizo de biblioteca e a escola de música. Gustaríanos investir moito máis, pero debemos axustarnos aos recursos. Mais seguiremos solicitando cantas subvencións e axudas poidamos para continuar mellorando Foz e que siga crecendo, para o cal realizaremos as modificacións que se requiran se é necesario.”

O orzamento de Foz lévase a aprobación antes de que finalice o ano, como é preceptivo. “Cada ano vaise mellorando e aprendendo, é un traballo de todos que se leve a aprobación antes de que finalice o exercicio en vigor”, finaliza Inés López Couto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here