InicioCentralFozFoz coloca paneis para informar sobre as rutas de sendeirismo municipais diante...

Foz coloca paneis para informar sobre as rutas de sendeirismo municipais diante do CENIMA

O concelleiro Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo de varios meses para recoller información, elaborar o material necesario para a súa dixitalización e a súa difusión nas plataformas mencionadas e a transferencia destes datos a estes paneis informativos”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.

Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo de varios meses para recoller información, elaborar o material necesario para a súa dixitalización e a súa difusión nas plataformas mencionadas e a transferencia destes datos a estes paneis informativos”.

O concelleiro de Turismo destaca que “o concello de Foz ten a sorte de contar con numerosas rutas de sendeirismo de gran valor natural, histórico e patrimonial que levan ata a Basílica de San Martiño ou ata a Frouxeira, por exemplo, ou a miradoiros como Cornería ou o de Tamamiña. E polo tanto este traballo significa mellorar e por en valor estas rutas e únese a un plan de recuperación de paneis  informativos ao logo das rutas, como o do castro de Fazouro, moi deteriorado dende hai anos, ou o do castro de Llas; repúxose o das turbeiras, en Arealonga, e restablecéronse os vinilos da Frouxeira e Cornería, na Costa do Castro”.

Para rematar Chema Linares comenta: “estamos moi satisfeitos do traballo previo realizado para chegar á colocación destes paneis, despois de elaborar un banco de fotos, una boa cartografía, recoller toda a información e dixitalizar a mesma para que o Concello dispoña dela para o seu uso e poder repoñer os paneis cando se deterioren”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...