A Asociación Cultural O Centiño celebra este sábado a súa gala solidaria no colexio Martínez Otero de Foz

O grupo teatral do Centiño representará a súa obra titulada De poucas luces e no intermedio actuarán as pandereteiras de A Subela.


A Asociación Cultural O Centiño, de San Martiño, organiza a sexta edición da súa gala solidaria, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz.

O grupo teatral do Centiño representará a súa obra titulada De poucas luces e no intermedio actuarán as pandereteiras de A Subela.

A entrada é gratuíta e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento a Asociación Cultural O Centiño conta coa colaboración da Fundación Martínez Otero e da Asociación Cultural A Subela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here