InicioCentralFozO condutor dun vehículo tivo que ser excarcerado logo de caer nas...

O condutor dun vehículo tivo que ser excarcerado logo de caer nas vías do tren en Foz

Esta persoa indicou que estaba a circular pola N-642, á altura de San Pedro de Cangas, cando o vehículo de diante caeu desde unha ponte sobre as vías do tren.

Publicada o

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido na madrugada deste xoves tras ser excarcerado despois de caer co seu vehículo sobre as vías do tren na localidade lucense de Foz.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 01,45 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia. No transcurso da comunicación, esta persoa indicou que estaba a circular pola N-642, á altura de San Pedro de Cangas (Foz), cando o vehículo de diante caeu desde unha ponte sobre as vías do tren.

Ademais, aseguraba que o seu único ocupante estaba ferido e parecía que non podía saír polos seus propios medios. Pouco despois, un familiar, que foi contactado directamente polo accidentado, confirmaba os feitos ao 112.

De inmediato, deuse aviso aos servizos de urxencias sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e aos membros de Protección Civil de Foz.

Tamén se comunicou o accidente ao persoal de Adif, para comprobar a circulación de trens prevista por esa zona. Tras iso, os bombeiros procederon a excarcerar ao condutor, que se atopaba ferido, polo que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña, en Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...