InicioCentralFozPrensentada a Run Foz de Nadal 2022 que se celebrará o 24...

Prensentada a Run Foz de Nadal 2022 que se celebrará o 24 de decembro

A concelleira de Xuventude e Deportes e o alcalde agradeceron á Run Foz Run e ao Club de Atletismo Ría de Foz o seu traballo ao longo de todo o ano e a gran organización dos eventos como o que se deu a coñecer hoxe.

Publicada o

- Advertisement -

Manuel Otero, xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, José Carlos Paleo, presidente da Acia, Gema Méndez, concelleira de Xuventude e Deportes, Manuel Eiras, representante da Run Foz Run, e o alcalde, Fran Cajoto, presentaron unha nova edición da xa tradicional Run Foz Run Nadal, puntuable para o circuíto duacode RFR e o circuíto TourMariña.

En Foz, o día de noiteboa corremos nun circuíto urbano, adaptado ás diferentes categorías: pícaros (200m), benxamín (600m), alevín (1000m), infantil (1800m), cadete (1800m) e absoluta (5000m). Así tamén teremos paralelamente unha andaina de 6km

O Campo da Cabana será a saída de todas as probas, comezando ás 10:30h cos máis pequenos e pequenas. Ao finalizar celebrarase a cerimonia de premiación do circuíto de carreiras 2022, con sorteo de agasallos e dúas cestas de Nadal.

A concelleira de Xuventude e Deportes e o alcalde agradeceron á Run Foz Run e ao Club de Atletismo Ría de Foz o seu traballo ao longo de todo o ano e a gran organización dos eventos como o que se deu a coñecer hoxe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...