O ‘Premio Conde Santo’ de Teatro do Concello de Lourenzá recae no grupo “Os Palimoquiños”

Previo á entrega de premios o grupo Teatro Baixo da Area representou, cunha espectacular montaxe, a obra Poeta en Nova York, baseada en poemas de García Lorca.


O Concello de Lourenzá entregou o pasado sábado no multiusos os premios do IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. O premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros, recaeu na obra E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo.

O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. O premio Ana, á mellor actriz, logrouno Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor posta en escena levouno a obra Fátum, de Catre Teatro, de As Pontes. O premio ao mellor actor de reparto recaeu en Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor actriz de reparto estivo compartido polas actrices de Catre Teatro Mª José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele. E, por último, o premio especial do público foi para a obra Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro. Os trofeos que recibiron os premiados foron obra da Fundación Eu Son, de Burela.

Previo á entrega de premios o grupo Teatro Baixo da Area representou, cunha espectacular montaxe, a obra Poeta en Nova York, baseada en poemas de García Lorca.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here