InicioCentralLourenzáLourenzá elimina barreiras arquitectónicas dentro do casco urbano de Vilanova

Lourenzá elimina barreiras arquitectónicas dentro do casco urbano de Vilanova

A alcaldesa, Rocío López, engade que esta actuación “contempla a resolución dos desniveis nos percorridos peonís entre as beirarrúas e os pasos de peóns".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá iniciou as obras incluídas no proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas no entorno do casco urbano de Vilanova. A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Obras, Javier Huertas, visitaron hoxe, xoves, os lugares onde se están desenvolvendo eses traballos.

Rocío López, explica que “estas actuacións englóbanse dentro dun Plan de Adaptación e Supresión de Barreiras para a Área de Rehabilitación Integral do casco antigo de Lourenzá e marcan o inicio das intervencións de cara a un futuro cunhas infraestruturas máis accesibles para todos e todas e sen barreiras. En concreto as actuacións descritas no proxecto céntranse en varias beirarrúas e pasos de peóns que non cumprían coa actual lexislación en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras. Esta actuación supón o inicio dunhas obras que eran moi necesarias para facilitar a accesibilidade e mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade e mobilidade reducida. Estas obras son fundamentais para avanzar de cara a un municipio inclusivo e accesible que garanta a autonomía das persoas e na que todos os cidadáns teñan igualdade de oportunidades”.

A rexedora municipal engade que esta actuación “contempla a resolución dos desniveis nos recorridos peonís entre as beirarrúas e os pasos de peóns de dous xeitos distintos, de acordo á súa situación e condicionantes: elevando a plataforma do propio paso de peóns ata o nivel da beirarrúa existente ou ben rebaixando a plataforma da beirarrúa, con recorridos accesibles, ata o nivel da plataforma da vía existente. A maiores levarase a cabo un pintado dos pasos de peóns e demais marcas viarias para garantir unha circulación segura tanto para vehículos como para peóns”. O presuposto destas obras ascende a 43.261 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...