InicioCentralLourenzáO goberno local de Lourenzá "sorprendido" ante os comentarios dos candiatos populares...

O goberno local de Lourenzá “sorprendido” ante os comentarios dos candiatos populares sobre o último pleno

O goberno local de Lourenzá sinala aos novos candidatos do PP que "a campaña é moi longa e recomendámoslles que a collan con calma e que formulen propostas e traballen en positivo".

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno municipal explica que “o último pleno do Concello de Lourenzá foi un dos máis tranquilos e relaxados das dúas últimas lexislaturas”.

Os gobernantes locais especifican: “aprobáronse por unanimidade todos os puntos da orde do día, entre eles o de darlles voz aos veciños da Cazolga que reclaman melloras para a estrada que os une coa capitalidade, de titularidade provincial. A continuación chegaron os rogos e preguntas, ás que respondeu a alcaldesa sen que o voceiro popular mostrase ningún rexeitamento, máis ben parecía conforme coas explicacións da rexedora municipal. Pero, polo visto, desde a bancada na que estaban os novos candidatos populares vese dunha maneira diferente e parece que tivemos un pleno apocalíptico. Parece un ninguneo máis cara ao actual voceiro popular”.

O equipo de goberno municipal engade que “en relación aos rogos e preguntas presentadas polo grupo popular, mellor dito polos novos candidatos e candidatas, parece máis ben unha carta dirixida aos Reis Magos, interesándose cada un deles por cuestións que lles afectan persoalmente, en vez de facelo movidos por intereses de toda a veciñanza. Por exemplo, rogaban que se ampliara o alumeado público de Recemil, onde todas as casas contan con el, cando aínda hai barrios no concello que non o teñen. Tamén se interesaron polo estado ruinoso dun edificio, seguramente porque estraga as vistas desde a casa dunha nova candidata, sen ter en conta que este é un problema grave de todos os concellos de Galicia no que debera tomar medidas o goberno da Xunta, xa que pouco se puido facer desde os gobernos locais de antes e pouco se pode facer na actualidade. Falan os populares tamén de problemas nas infraestruturas, tales como o estado de contedores soterrados ou pedras soltas en beirarrúas da vila. Recordámoslles que esas foron obras de corporacións anteriores gobernadas polo Partido Popular, que visto o estado no que se atopan non deben estar moi orgullosos delas e intentan culpar ao goberno actual. Só hai que volver a vista atrás oito anos para ver como estaba a rede de estradas e camiños de Lourenzá e ver como está agora. Seguramente algúns dos que forman a nova lista popular, entre eles o candidato a alcalde, descoñecerán estes datos, porque nin traballan nin viven en Lourenzá e ata hai poucos meses nin sequera estaban censados, algo que fixeron recentemente para así ter algún voto máis”.

Os gobernantes locais de Lourenzá comentan tamén que “preguntaron os populares por un informe remitido pola Xunta de Galicia sobre o punto limpo. Non hai tal informe, a non ser que eles teñan constancia del, algo que sería totalmente ilegal. O que houbo foi unha inspección rutineira na que se apreciaron algunha deficiencias, que en canto se nos remitan intentarase solucionar no menor tempo posible. O grave, irregular e sospeitoso é que desde os candidatos populares teñan coñecemento desa inspección. Para rematar o equipo de goberno explicoulle ao grupo popular que os orzamentos se presentarían despois das eleccións municipais, algo do que deberan estar moi agradecidos os populares xa que no hipotético caso de que chegaran a gobernar non estarían hipotecados por uns orzamentos que non serían seguramente do seu agrado. Lembrámoslles aos novos candidatos populares que a campaña é moi longa e recomendámoslles que a collan con calma e que formulen propostas, que traballen en positivo e que cando fagan críticas que sexan realistas e non simplemente co obxectivo de descualificar aos contrincantes políticos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...