Lourenzá presenta o vindeiro sábado o libro de Ramón Nicolás ‘Don Paco volve a Lourenzá’

O acto está dentro das celebracións para o Día das Letras Galegas decicado este ano ao laurentino Francisco Fernández del Riego.


A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.

Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here