InicioCentralLourenzáLourenzá acolle unhas xornadas en abril sobre a figura de Fernández del...

Lourenzá acolle unhas xornadas en abril sobre a figura de Fernández del Riego dirixidas á xente nova

A alcaldesa, Rocío López especificou que “as xornadas abarcan o campionato autonómico de orientación, haberá tamén unha exposición lúdica de xoguetes.

Publicada o

- Advertisement -

Vilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.

A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de Fernández del Riego á xente máis nova”.

Rocío López especificou que “as xornadas abarcan o campionato autonómico de orientación, haberá tamén unha exposición lúdica de xoguetes titulada Don Paco, o pícaro argalleiro, organizada por Patrimonio Lúdico Galego. O sábado á noitiña celebrarase a cea de clausura das Escolas Deportivas, como se vén facendo todos os anos. E a continuación haberá un concerto dedicado á xuventude onde actuarán os grupos The Rapants e Familia Caamagno. A entrada para o concerto é libre e de balde. A xornada do domingo será deportiva e no campo de Santa Cruz disputarase o trofeo Francisco Fernández del Riego cun encontro de fútbol entre as Escolas Deportivas Lourenzá e a U.D. Pastoricense”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...