Lourenzá será o lugar do Correlingua que se celebrará con diferentes centros Norte de Lugo e que renderá homenaxe a Fernández del Riego. A carreira e o concerto celebraranse na vila natal do autor homenaxeado nas letras galegas.
Alumnado do IES Illa de Sarón de Xove lerá o manifesto desta edición do Correlingua. As actuacións estarán a cargo de Mekánika Rólling Band, gañadora do concurso Cantalingua, despois estará Brais das Hortas e ambos os dous presentados por Isabel Risco.
Estas actividades foron suspendidas o pasado 16 de maio, data inicial da celebración, a causa do mal tempo.
Horarios
10:45 Saúda de Isabel Risco e comezo do percorrido.
11:00 Actuación de Brais das Hortas para alumnado infantil.
11:50 Presentación de Isabel Risco e lectura do manifesto polo alumnado do IES Illa de Sarón de Xove.
12:00 Concerto Mekánika Rolling Band
12:45 Peche de Isabel Risco
CENTROS PARTICIPANTES
BURELA
IES Monte Castelo
IES Perdouro
CEIP plurilingüe Vista Alegre
RIBADEO
IES de Ribadeo Dionisia Gamallo
Sagrado Corazón de Jesús
Ceip. Plurilingüe Gregorio Sanz
FOZ
IES de Foz – Colexio Martínez Otero
XOVE
CEIP plurilingúe Pedro Caselles Roldán
IES Illa de Xarón
MONDOÑEDO
IES Plurilingüe San Rosendo
TRABADA
CEIP plurilingüe Celso Currás
CERVO
IES Marqués de Sargadelos
Ceip do Cervo
VIVEIRO
IES Vilar Ponte
BARREIROS
Ceip San Miguel de Reinante
LOURENZÁ
CEIP Juan Rey