InicioCentralLourenzáPresentado o cartel da XXXI Festa da Faba que se celebrará do...

Presentado o cartel da XXXI Festa da Faba que se celebrará do 29 ao 1 de outubro

A obra é do artista Hipólito Xeada.

Publicada o

- Advertisement -

O cartel da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro, é obra do artista mariñán Hipólito Xeada. Na presentación acompañaron ao pintor a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Nos próximos días presentarase a programación do evento, que terá unha dedicatoria especial a Francisco Fernández del Riego, xa que se relerá o pregón que deu no ano 1998, na voz de Xulio Leal, actor do grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza do Concello de Moeche como invitado institucional nesta edición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...