InicioCentralLourenzáLourenzá será punto de reunión de vehículos clásicos esta fin de semana

Lourenzá será punto de reunión de vehículos clásicos esta fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A novena edición da VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase esta fin de semana, sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro, durante a Festa da Faba. O evento foi presentado hoxe, martes, por unha representación dos organizadores -a asociación VespaFaba & Clásicos Lourenzá- e a alcaldesa laurentina, Rocío López García.

A primeira xornada está dedicada a scooters e motos clásicas. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 11:30 haberá ximcana e probas de habilidade; ás 13:30 horas comezará a ruta e ás 15:00 no Bar Pitero terá lugar un xantar con entrega de premios e sorteos.

E o domingo os protagonistas do evento serán os coches clásicos. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 13:30 horas sairá a ruta dos vehículos e a partir das 14:30 horas haberá un xantar no hotel A Casa da Luz, de Bretoña, de onde está previsto que regresen ás 16:30 horas cara a Lourenzá, onde rematarán as actividades cunha entrega de premios e sorteos.

A asociación organizadora destaca que se inscribiron moitos máis participantes que en anos anteriores: máis de 150 coches para a xornada do domingo e unhas 80 motos para o sábado. “Estamos desbordados porque non temos máis aforo no restaurante para a comida do domingo e sentimos non poder inscribir a máis participantes, polo que pedimos desculpas aos que tivemos que deixar fóra”, explica o vicepresidente do colectivo, Antonio Irimia, quen considera que “hai moitos interesados en vir porque o ano pasado os asistentes quedaron moi contentos”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...