InicioCentralLourenzáDúas persoas feridas despois de envorcar o vehículo no que viaxaban en...

Dúas persoas feridas despois de envorcar o vehículo no que viaxaban en Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este martes ao envorcar o vehículo no que viaxaban na localidade lucense de Lourenzá.

Segundo a información do CIAE 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 13,30 horas e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, membros do GES da Pontenova, Garda Civil e membros de Protección Civil de Lourenzá, ademais de persoal sanitario do 061.

Xa no punto, os bombeiros informaban ao CIAE-112 de que particulares que se atopaban no lugar do accidente xa lle deron a volta ao vehículo, e ningún dos feridos tivo que ser excarcerado. Finalmente, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...