InicioCentralLourenzáOs 500.000 euros apuntados polo PP de Lourenzá destináronse a arranxar estradas

Os 500.000 euros apuntados polo PP de Lourenzá destináronse a arranxar estradas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, aclara que os 500.000 euros dos que falan os concelleiros do Partido Popular destináronse a arranxar estradas en todas as parroquias e á construción do multiusos Ponte de Cuñas.

A rexedora municipal manifesta que as declaracións dos concelleiros do PP sobre a economía do Concello son “outro exemplo de que en política para algúns o máis importante é apuntarse un tanto aínda que sexa soltando medias verdades para intentar confundir á veciñanza. Pero estamos para falar claro e sen tabús porque os veciños deben saber a verdade. É certo que no exercicio 2022 non existía a obrigatoriedade de cumprir a regra de gasto é por esa mesma circunstancia o Concello aproveitou para incorporar crédito do remanente de tesourería para facer obras moi importantes e necesarias para o municipio, cuestión que foi levada a pleno no seu día e na que o Partido Popular se abstivo. Esas obras suman os 500.000 euros dos que falan os concelleiros do PP e grazas a eles fíxose o maior investimento da historia no arranxo de estradas en todas as parroquias e construíuse o multiusos que temos agora en Ponte de Cuñas, grazas ao cal as asociacións poden facer todo tipo de actividades alí. Pero din os edís do PP, que tan preocupados están por ese gasto, por que non se traduciu en ningunha mellora para os servizos municipais nin en obras a favor dos veciños. Menos mal que os investimentos e as obras están ai, á vista de todo mundo e afortunadamente non serve de nada querer tapar os ollos á xente porque o multiusos Ponte de Cuñas e a mellora das estradas do concello son unha realidade da que poden desfrutar xa os veciños. E velaí unha vez máis outro exemplo da política de sempre, a de non falar claro, dicindo tan só o que lles interesa para crear confusión na xente”.

Rocío López engade que “é posible que coas presas por saír na prensa aos concelleiros do PP se lles esquecera dicir que o Concello ten 900.000 euros de existencias de tesourería; é dicir, de diñeiro nos bancos. Ou quizais poida ser que non quixeran dicilo porque o obxectivo era preocupar á xente e non transmitir tranquilidade. Deberían ser máis prudentes á hora de criticar a xestión dos demais porque se falamos de gasto descontrolado a ninguén se nos esqueceu a grandiosa xestión do Partido Popular que nos levou a pagar subvencións perdidas como a do Pazo de Tovar e execucións de sentencias do peto de todos os veciños. E tampouco vai tan lonxe cando chegamos ao goberno no ano 2015 e tivemos que asumir un plan de axuste imposto polo anterior goberno do Partido Popular; non o digo eu, sábeno ben todos os veciños. Que pena que algúns queiran ser protagonistas a costa de todo aínda que iso supoña confundir a xente dicindo medias verdades”.

Para rematar a alcaldesa comenta: “en definitiva, cada un que siga o seu camiño: o noso é traballar e xestionar para facer cousas para o noso pobo e para que Lourenzá siga avanzando; e o doutros é poñer obstáculos nese camiño co obxectivo de que non se faga nada”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...