InicioCentralLourenzáLourenzá celebrará o Día contra a Violencia de Xénero cun espectáculo de...

Lourenzá celebrará o Día contra a Violencia de Xénero cun espectáculo de Sue Moreno e cursos de autodefensa

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lourenzá organiza dúas actividades: un espectáculo da artista Sue Moreno, previsto para o 3 de decembro, e un curso de autodefensa para mulleres, que será o día 15 do mesmo mes.

O domingo 3 de decembro ás 17:30 horas no pavillón municipal de Lourenzá a trapecista, actriz e bailarina Sue Moreno ofrecerá o seu espectáculo 4.0, que aborda as dificultades da conciliación familiar. É para todos os públicos e está incluído dentro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdad.

E o 15 de decembro, venres, no Multiusos Ponte de Cuñas haberá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será de 15:30 a 20:30 horas e para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 982.121.036. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia.

Ademais a alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o Concello de Lourenzá tinguirá de lila, un ano máis, a súa fachada en repulsa desta lacra que tanto afecta á sociedade de hoxe en día e poñendo de manifesto o apoio a todas as vítimas que están a sufrir violencia machista. Con esta programación sumámonos a todos os actos programados polas distintas institucións con motivo da violencia contra as mulleres porque é unha tarefa de todos transmitir a cidadanía esa mensaxe de denuncia e solidariedade coas mulleres que están a sufrir calquera tipo de maltrato porque este é un problema de todos e de todas, non só das vítimas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...